O BNG esixe medidas de apoio ao sector marisqueiro ante a perda de protuvidade

17 Novembro 2023
A pobrense Rosana Pérez, responsábel de asuntos de pesca e marisqueo

O sector marisqueiro galego non deixa de recibir varapaus en materia de produción. Isto reflíctese nun feito concreto: a caída dos permisos de marisqueo a pé nun 22% entre 2009 e 2022, de 4.755 a 3.700. Tamén se pon de manifesto na redución de produción de berberecho de 69% entre xaneiro e outubro de 2023 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Ante estas e outras problemáticas, o BNG vén de presentar no Parlamento galego unha serie de iniciativas para demandar solucións á Xunta. “Os chamamento das confrarías de sector marisqueiro a que a Administración leve a cabo estudos en profundidade sobre o que está a pasar nas rías veñen sendo reiterados desde hai anos e especialmente insistentes nos últimos”, lembrou a deputada nacionalista Rosana Pérez.

Neste contexto, Pérez denunciou tanto “o recorte de máis de 25 millóns de euros nos orzamentos de 2024” no programa de competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura, así como “a baixa execución desta partida en 2023, deixando 53% dos fondos sen empregar”. Un programa que permitiría, sinalou a nacionalista “realizar intervención nos bancos marisqueiros”.

Por estes motivos, o BNG exixe “analizar as causas do deterioro ambiental e da baixada da produtividade das rías galegas”, así como “o control estrito das verteduras aos ríos e ao medio mariño, a recuperación dos bancos marisqueiros, a promoción dos sementeiros, a creación dun seguro público de produción marisqueiras que supla os efectos de eventuais perdas de produción, o control das especies invasoras e o control sanitario do marisco importado”.

Rosana Pérez dixo tamén que o baleirado dos encoros segue sen ser controlado, “implicando baixadas bruscas da salinidade nas rías, arrastre do banco marisqueiro cando se producen en baixar e perigo para as persoas que están mariscando tanto a pé como a flote, polo tanto consecuencias nefastas para os bancos marisqueiros e para as propias mariscadoras e mariscadores”, polo que exixiu que o Goberno galego desenvolva “un regulamento estrito sobre os desaugues nas presas”.

Así mesmo, a nacionalista sinalou que existe unha “ausencia de axudas para boa parte do sector marisqueiro nun momento tan duro para as confrarías ante os requisitos imposibles de cumprir nos fondos da Unión Europea e ante a ausencia de liñas de subvención específicas desde a Administración galega, que podan ter en conta os días traballados en campañas de anos anteriores, para que un maior número de persoas podan acceder a elas, polo que fai un chamamento a actuar para axudar ao numeroso número de familias que están a padecer unha situación económica complicada”.s nas minas de San Fins

Ademais, Rosana Pérez, despois de coñecerse o resultado das investigacións do CSIC que proban a contaminación na conca fluvial da ría de Muros e Noia da mina de San Finx, e ante o risco de que esta chegue a afectar aos propios bancos marisqueiros, solicitou unha vez máis “revogar a autorización de verteduras ao río Pesqueira de augas residuais industriais procedentes desta explotación, suspender a actividade mineira, obrigar á empresa a realizar medidas de reparación ambiental e incoar procedemento sancionador contra a mesma”.

Outros artigos

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Domingo con alerta laranxa nas rias baixas desde as 15 horas

Unha borrasca ao nordés de Galicia pon en alerta por forte vento ao litoral este domingo A presenza dunha borrasca ao noroeste de Galicia deixará forte vento no mar este domingo, con intervalos de forza 8 entre A Guarda e Sisargas. En terra espéranse refachos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...