Na Pobra, a Mesa contra a Violencia de Xénero porá o foco no acceso a contidos machistas nas redes

14 Novembro 2023

A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, presidiu neste 14 de novembro a cuarta sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, á que tamén asistiu a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, a Garda Civil, a Policía local, representantes dos centros educativos e técnicas municipais dos Departamentos da Igualdade e dos Servizos Sociais.

Alí coñeceron polo miúdo as actividades artelladas co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que se conmemora no 25 de novembro.

Tamén se puxo sobre a mesa a preocupación sobre como emprega o alumnado as redes sociais e o contido que visualizan. Deste xeito, establecéronse estratexias de intervención que permitan reducir un risco indebido dos dispositivos.

Os datos da Garda Civil reflicten que actualmente hai 25 casos activos de violencia machista, nos que as vítimas interpuxeron unha denuncia. Constátase un incremento con relación ao ano pasado. Os corpos de seguridade fan seguimento dos mesmos a través do sistema VioGén: á Policía local correspóndenlle aqueles casos cun nivel de risco baixo ou non apreciado, mentres que a Garda Civil asume os de maior risco. Pola súa parte, dende comezos do presente ano, a Área da Igualdade prestou servizo a un total de 23 mulleres que sofren esta realidade.

No que respecta aos festexos do Carme dos Pincheiros e do Nazareno non se detectaron incidencias e en ámbalas celebracións se habilitou Punto Violeta.

A dita mesa eríxese como un mecanismo a través do cal analizar situacións de violencia machista e actuacións para a detección precoz desta lacra social coa finalidade de deseñar entre tódolas/os axentes implicados liñas estratéxicas para loitar contra a mesma, así como sensibilizar á veciñanza.

Outros artigos

Luns con chuvascos intermitentes diminuindo pola tarde

Tras o paso da fronte da xornada anterior, Galicia queda este luns na área de chuvascos. Agárdase unha xornada de ceo cambiante e chuvias intermitentes que irán remitindo ao final do día; poderán ser de neve por riba dos 1200 metros. As temperaturas seguirán sen...

+

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...