MiMarte organiza castings de novos talentos teatrais e musicais na nosa comarca

03 Novembro 2023

MiMarte (compañía ribeirense) está a organizar unha serie de castingsde novos talentos musicais e teatrais na nosa comarca, con vistas a activar un grupo estábel de teatro musical adulto no Barbanza e con canteira nas diferentes localidades da contorna. A actividade desenvólvese a través dunha serie de sesións en Portosín, A Pobra, Boiro, Ribeira, Porto do Son, etc, tal e como se pode seguir nas redes sociais de MiMarte, por exemplo no Facebook.

En concreto, Mimarte céntrase na procura de “xente sen experiencia con inquietudes artísticas para formar unha compañía de teatro musical”. Búscanse novos artistas de máis de quince anos e sen límite de idade. A todas e todos os que participen ofreceráselles formación en teatro musical, técnica vocal e canto, ademais de recursos para o reforzo da autoestima, a seguridade, a expresión corporal, a concentración e a fluidez oral. Máis información no teléfono 672 661 789 (chamadas e Whatsapp) e na conta de correo informusicateatro@gmail.com

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.