Máis de 250 nenos e nenas de Lousame participarán no Día do Peón (este xoves)

06 Novembro 2023

O campo da festa de San Roquiño (Lousame) acollerá este xoves 9 de novembro, ás 11:00 horas, o acto central do XVII Día do Peón, que organiza Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional en colaboración co Concello de Lousame e o CPI Cernadas de Castro.

Baixo a lenda Polo San Martiño, peóns ao camiño, un total de 252 rapaces e rapazas do CPI Cernadas de Castro, de entre os 3 e os 16 anos de idades, reuniranse en San Lourenzo para facer un lanzamento colectivo de peóns e bailaretes.

O tenente de alcaldesa de Lousame, Esteban Ares García, agradeceu a Brinquedia a elección de Lousame para conmemorar esta xornada e animou aos nenos e nenas “a que xoguen cos xogos tradicionais: que bailen o peón, que xoguen á mariola, ás chapas, ao brilé… porque é unha forma de preservar o noso patrimonio etnográfico e de compartir momentos únicos con amigos e familia”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, explicou que “o peón é un xogo tradicional, un evento de temporada que nace co San Martiño e remata no San Amaro que, como di o refraneiro, vai para o faiado”. Así mesmo, lembrou que o primeiro Día do Peón foi convocado en 2005 e que desde aquela, agás pola paréntese da pandemia, foi un acto que se vén celebrando anualmente.

O acto contará cun obradoiro de construción de peóns, cancións sobre xogos tradicionais e a lectura dun manifesto do Día do Peón a cargo da concelleira de Deportes, Mabel Agrafojo, así como un magosto, cortesía do CPI Cernadas de Castro. A súa directora, Pilar Cobas, sinala que “será un día de convivencia coa rapazada e coa xente que queira acompañarnos”. Neste sentido indicou que se agarda a participación de 252 nenos e nenas, acompañados de corenta persoas adultas.

Brinquedia naceu o 27 de marzo de 2005 logo da Asemblea Fundacional realizada na Casa da Cultura de Riotorto (Lugo) para promover o xogo tradicional galego. Está formada por persoas físicas e xurídicas con interese no patrimonio lúdico. O Día do Peón chegará este ano a Lousame despois de pasar en edicións anteriores por municipios como Brión, Santiago, Ferrol, Melide, Carnota, Outes, Noia, Ourense, Manzaneda ou Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.