Luz verde ao Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel do Concello de Boiro

24 Novembro 2023
Carril-bici do concello de Boiro

Concello de Boiro celebrou este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro. O pleno contou coa ausencia de Roberto Lojo, concelleiro do PSdeG. Acudiron á sesión un total de 16 membros da Corporación. A sesión pódese ver íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro. O pleno saldouse con acordos moi importantes, como por exemplo a aprobación inicial (con 9 votos do PSOE e Boiro Novo) do ditame do Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel do Concello de Boiro. O documento PMUS, segundo avanzou o Goberno local en datas recentes, ten como obxecto “establecer unha estratexia orientada a mellorar a mobilidade no municipio, así como a súa competitividade e equidade, aumentando a seguridade e calidade de vida”, en palabras do Executivo, que explica tamén que se ben “Boiro non ten a obriga de contar cun PMUS, este é un documento que precisan os Concellos para a obtención de determinadas axudas, como son aquelas de fondos Next Generation”. Con este estudo detéctanse e identifícanse as necesidades existentes de cara a planificar e coordinar aquelas actuacións que van favorecer a mobilidade e accesibilidade no municipio.

Votacións do pleno

1. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel do Concello de Boiro – aprobación con 9 votos a favor (PSOE, Boiro Novo), 5 votos en contra (PP) e 2 abstencións (BNG).

2. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da taxa polo servizo de cemiterios – aprobación con 8 votos a favor (PSOE), 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo) e o voto de calidade do alcalde.

3. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas – aprobación 8 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG, BN).

4. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro – aprobación con 8 votos a favor (PSOE), 2 votos en contra (BNG) e 6 abstencións (PP e BN).

5. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE e BNG) e 6 abstencións (PP e BN).

6. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro – aprobación con 11 votos a favor (PSOE, BNG, BN) e 5 votos en contra (PP).

7. Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira – rexeitada con 3 fotos a favor (BNG e BN) e 11 en contra (PSOE e PP).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.