Este sábado celébrase en Montiño (Imo) a edición 2023 do Certame Folclórico de Dodro

28 Novembro 2023

O próximo sábado 2 de decembro o Local Social do Montiño en Imo (Dodro) acollerá un importante evento cultural da nosa comarca. Trátase da nova edición do Certame Folclórico (edición 2023), organizado pola Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño.

No transcurso deste acontecemento farase un especial recoñecemento á Coral Polifónica de Laíño que durante 16 anos espallou á música do folclore clásico galego, polifonía clásica e relixiosa etc por toda a nosa xeografía.

Presentará o acto Xoán Bautista Mariño.

Os grupos participantes neste Certame Folclórico 2023 serán: As Garridas, Triopata, As Silvaveiras, As Xeiteiras, As Maianas, Os Liantes, Amaiante, Os Mersenarios e A Foliada do Montiño.

A Asociación de Veciños convida a toda a veciñanza da comarca a este festival que rematará con unha foliada libre e pinchos para todos os asistentes.


.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...