En Porto do Son xa ondea a súa cuarta bandeira verde

29 Novembro 2023

A Xunta recoñeceu novamente a Porto do Son polos esforzos da Administración e da cidadanía na protección da paisaxe e o patrimonio natural. Fíxoo distinguíndoo coa bandeira verde por cuarta vez consecutiva, unha insignia que coa que se premian aos concellos de Galicia que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación do medio ambiente.

Concretamente, a Bandeira Verde de Galicia é “unha iniciativa creada pola Xunta de Galicia no ano 2020 que busca distinguir aos concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, a redución do consumo enerxético e moitas outras, cun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural”.

O Concello de Porto do Son despregou novamente o distintivo e agradeceu deste xeito a implicación e o traballo da veciñanza: “A nosa gran sorte é contar con todas e todos vós, e é que esta bandeira é un logro común; é o froito dun gran traballo en equipo, dos bos actos da nosa veciñanza, da boa vontade por conseguir cada día un Porto do Son mellor”.

Outros artigos

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.