Condutor atrapado en Padrón

15 Novembro 2023

As cinco menos dez da tarde o 112 Galicia era informado por un particular dun accidente na N-550, ao redor do quilómetro 76, á altura da Escravitude, no concello de Padrón. Neste caso tratouse dunha colisión entre un coche e un camión de transporte de penso. O alertador indicaba que o coche estaba sen unha porta.

Ata o lugar acudiron de inmediato, tras ser informados polo 112 Galicia, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Padrón, os axentes de Tráfico e da Policía Local. Tamén foron avisados os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil e o persoal de mantemento da vía.

Finalmente, os membros do GES comunicaron ao 112 que a persoa do turismo estaba atrapada no seu interior, polo que, foi preciso o uso de material de excarceración para extraer a porta do vehículo e liberar á persoa, que foi atendida polos profesionais sanitarios.

 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.