Boroa presenta un novo proxecto baseado no seu disco “O Clásico Fol” onde conflúen música e pintura

07 Novembro 2023

Boroa, trío ribeirense centrado en explorar novos camiños para a música tradicional galega, presentou este mes un novo proxecto baseado no seu recente disco O Clásico Fol, de cuxo lanzamento falamos este pasado verán, que constata e consolida unha nova vía de exploración para o folk galego: a súa confluencia coa pintura. O proxecto materializarase este sábado 11 de novembro, coa presentación (ás 20.00 horas) da mostra Tinta de Fol na galería La Doce en Boiro e co lanzamento, en datas vindeiras, dun libro que recolle as partituras para gaita do disco así como os backing tracks para o seu estudo.

Na Rede temos ao noso dispor un audiovisual sobre o proxecto.

Tinta de Fol

Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións na exposición Tinta de Fol. Unha colección de pintura abstracta que transforma as ondas sonoras en pinceladas negras e grises. Composicións musicais da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence.

As pinturas van acompañadas de partituras musicais impresas, oito composicións para gaita e unha para piano que forman parte do último disco O`Clásico Fol de Boroa, trío do que Sabela forma parte como gaiteira solista. “Trátase dun estímulo audiovisual materializado en nove pezas que poderán contemplarse mentres son escoitadas”, explican, engadindo que este proxecto xorde do desexo de Sabela por “crear un libro de partituras ilustrado que se publicará proximamente”. Este recolle partituras coa súa ilustración correspondente e versións ornamentadas específicas para gaita. Tamén se inclúen enlaces QR con audios das versións orixinais e pistas de acompañamento. “Todo co fin de enriquecer a experiencia do/da intérprete e seguir aportando materiais didácticos para o instrumento”, engaden dende Boroa.

A exposición durará un mes e a inauguración terá lugar o vindeiro 11 de novembro ás 20 h. na galería de arte La Doce en Boiro.

David Cuence

Na súa pintura mestúranse temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano. Con esta exposición comeza a explorar un novo camiño dentro da abstracción.

Na última década participa en diferentes proxectos entre os que destacan Door (banda deseñada escrita por Antonio Martínez Ron, 2017) e Sintaxe (cofundador e deseñador de marca e de produto, 2018). Tamén é creador de diferentes produtos relacionados coa cultura galega como Barallada, Galician Rock Stars, Sebo de Ghrilo, etc.

Sabela Olivares

Adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos. Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais que desembocaron na gravación de diversos traballos discográficos como A Companhía do Ruido (2005), Pensares galegos (2013) e O Punchi must go (2018) entre outros. No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano e colabora noutras publicacións como As que dormen entre o centeo (2023).

Boroa

Grupo musical galego integrado por Suso Bello, Alberto Millán e Sabela Olivares. Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construíndo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do Atlántico, que parte da nosa raíz e se achega a harmonías de diferentes xéneros musicais como o swing, o jazz manouche ou o ragtime.

A proposta de Boroa ofrece un directo variado onde se integran, ademais dos temas do seu disco O`Clásico Fol, interpretacións de música contemporánea, de clásicos do cine ou repertorio tradicional doutras culturas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...