BNI TerraMar celebra o Día do Convidado na Churrasquería Alvariño (Ribeira) o vindeiro 1 de decembro

25 Novembro 2023

Baixo o lema Descubrindo Oportunidades no Barbanza, BNI TerraMar Barbanza celebrará en Ribeira, na Churrasquería Alvariño, a nova edición do Dia do Convidado (Día do Invitado). Trátase, en palabras da agrupación empresarial, “dun evento que promete marcar a pauta para o crecemento empresarial na nosa comarca”. O grupo anunciou a dita celebración para o próximo 1 de decembro ás 07.00 a.m.

Por terceira vez, a Churrasquería Alvariño transformarase no epicentro da actividade empresarial da bisbarra. O evento estará dirixido polo seu presidente actual da entidade Ricardo Viturro, que sinala que a cita xa capturou a atención de profesionais independentes e empresarios locais desde Padrón, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Ribeira e mesmo Noia. O obxectivo é “seleccionar empresas da comarca do Barbanza para integrarse á rede de referencia empresarial global de BNI TerraMar”.

Segundo explica, “a diversidade de participantes, que abrangue desde clínicas dentais ata axencias de viaxes, reflicte a amplitude de oportunidades que ofrece BNI TerraMar. Desde o seu inicio en 2016, este grupo xerou máis de 15 millóns cincocentos mil euros no Barbanza, cun destacado negocio de máis de 1,3 millóns de euros só no último ano entre os membros”.

Rubén Couñago, director de BNI TerraMar, destaca “o impacto significativo da agrupación na comarca, subliñando a fortaleza desta rede que opera en 77 países”. Tamén salienta que en España existen 328 grupos activos con máis de 9.240 membros, dos cales máis de 1.000 membros están en Galicia.

O encontro non só será unha oportunidade para intercambiar tarxetas de visita, senón para formar parte dun programa estruturado de mercadotecnia (marketing) que demostrou a súa eficacia en 77 países e conta con máis de 314.000 membros.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.