Até 30 establecementos participan este 11 de novembro no Sábado Negro de Noia

08 Novembro 2023

Este xoves a patronal noiesa, Noia Histórica, vai celebrar a xornada de presentación da súa nova campaña: o Sábado Negro, que se vai celebrar este sábado 11 na localidade.

A presidenta da entidade, Alba Expósito, xunto co concelleiro de Comercio, José Pérez, presentarán, xunto á pantalla dixital da Ponte de San Lázaro, a 13 edición desta campaña comercial.

Segundo avanzaron, na iniciativa participan 30 tendas. Amais do 20 % de desconto en todos os produtos e servizos (descontos que son “a clave” do éxito da promoción, segundo informou Noia Histórica), os clientes recibirán polas compras un tícket para merendar chocolate con churros e un rasca con premios de 5 € para trocar en 25 locais de hostalería, cafeterías, bares, restaurantes e pub, este sábado e máis o domingo. O sábado será tamén a Gala da Mostra de Curtas de Noia. Ademais, para completar a axenda festiva, haberá música nas rúas e as tendas estarán identificadas con grandes vinilos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.