Ana Lojo presenta este venres no Son os seus libros “Marea Morta” e “5”

16 Novembro 2023

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este venres 17 de novembro a presentación dos libros Marea Morta e 5 (Europa Ediciones), da escritora da nosa comarca Ana Lojo Chan. O acto dará comezo ás 20.30 horas e contará coa presenza da Banda de Música Tradicional Suevia. Contarase coa presenza da concelleira de Cultura de Porto do Son, Alicia Martínez Maneiro.

Ana Lojo Chan (Cabo de Cruz, Boiro, 1978), ademais, de escritora, é unha mestra de Inglés de Infantil e Primaria que empezou escribindo contos para os seus alumnos/as. O chimpo á poesía deuno co obxectivo de “plasmar en palabras os sentimentos de familiares e amizades; e así, a través dos versos, tentar proporcionar outra perspectiva de certas emocións; logrando con cada estrofa transmitir a importancia dos valores”.

Acerca do título do seu novo libro (5), Lojo sinala que se trata do número favorito do seu pai, ademais de ser un punto de unión entre cada un dos poemas (todos teñen cinco estrofas). A autora adianta que a obra foi concibida co obxectivo de que poida ser lida en diferentes idiomas sen necesidade de facer tradución.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...