Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (3 de Decembro) a asociación inclusiva Ambar da nosa comarca (Asociación das Persoas con Diversidade Funcional), en colaboración co Concello de Rianxo, inaugura a exposición de arte Súper Pop coas obras da artista con diversidade funcional Ma Eugenia Reiriz Ageitos, unha das integrantes do obradoiro de arte da asociación.
O evento terá lugar este venres 17 de novembro, ás 12:00 no Auditorio Municipal de Rianxo. A exposición estará dispoñíbel ata o 12 de decembro.
