Alumnado e familias do Divino Maestro (A Pobra) coñecen as oportunidades do novo proxecto Erasmus+

10 Novembro 2023

Na noite deste xoves 9 de novembro, o centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra do Caramiñal, especializado na familia profesional de administración e xestión, celebrou no Teatro Cine Elma, unha xornada de difusión do seu novo proxecto Erasmus+.

Esta sesión, que estivo dirixida a profesorado e alumnado, serviu para dar a coñecer todos os detalles do proxecto de internacionalización que se desenvolverá ao longo do vindeiro ano 2024. Na mesa de relatores tomaron a palabra dous alumnos que foron beneficiados con mobilidades de Erasmus+, concretamente Raquel Martínez (que estivo en Boloña-Italia) e Fernando Oujo (que se desprazou á rexión de Porto, Portugal), ambos os dous para realizaren as prácticas de fin de ciclo formativo. O alumnado compartiu a súa experiencia, incidindo na idea de que supuxo unha experiencia vital para eles e destacando “o enriquecemento persoal, profesional e cultural que estas actividades supuxeron”. Tamén quixeron animar aos seus compañeiros a solicitar unha praza para aproveitar esta oportunidade.

Así mesmo, na sesión participaron profesores do centro educativo Lycée Janet et Curie, de Sens (Francia), tomando a palabra Catherine García na súa condición de directora de FP desta institución formativa. O profesorado francés quixo aportar certezas sobre as condicións de seguridade nas que se despraza o alumnado, indicando que eles ao ser un socio do Divino Maestro velarán para que as mobilidades de desenvolvan con normalidade e garantindo súa asistencia en caso de ser preciso.

Finalmente, tomou a palabra a directora do centro para dar conta das mobilidades que están previstas. Así pois, Chefa Bretal indicou que en 2024 desenvolveranse 4 mobilidades de alumnado para a realización da formación en centros de traballo (as prácticas profesionais) durante os meses de abril e xuño. Así mesmo, dous profesores do Divino Maestro desprazaranse a Suecia para realizar unha aprendizaxe por observación e, finalmente, convidaranse a dous profesores expertos do Instituto para a Qualificação IP-RAM da rexión de Madeira (Portugal) para que a comunidade educativa do Divino Maestro poida coñecer casos de éxito noutros centros europeos.

Todas estas actividades están previstas no marco do Plan de Internacionalización, para que o Divino Maestro da Pobra do Caramiñal se poida integrar no Espazo Europeo de Formación Profesional, na súa procura pola excelencia académica e pola xeración de oportunidades para a súa comunidade educativa.

A implementación deste proxecto Erasmus+ foi posible grazas ao traballo do claustro do centro e á posta en marcha dun Equipo de Programas Internacionais que seguirá traballando para que o impacto de Erasmus+ sexa cada vez maior.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.