A veciñanza de Cabanamoura (Outes) pide a Telefónica o mantemento das telecomunicacións

10 Novembro 2023

Este venres 10 de novembro unha delegación da veciñanza do lugar de Cabanamoura, en Outes, achegouse ao Concello para manifestar o seu malestar pola decisión de Telefónica de retirar o cobre e deixalos, din, “sen telecomunicacións dignas do século XXI”. Segundo lembran, o núcleo ten “serias deficiencias na cobertura de telefonía móbil” e “non conta coa previsión de que se despregue a fibra óptica en datas vindeiras”. Ante esta situación, que “xa resulta difícil de por si mesma”, engádese “a decisión de retirar o cobre antes de abril do 2023”. Isto, sinalan, “deixaría á veciñanza de Cabanamoura sen unha conexión de telecomunicacións física e sen un servizo básico e necesario”.

O tenente alcalde e concelleiro en materia de comunicación, Anxo Núñez Fernández, aproveitou para “lembrar que esta situación repítese en outros lugares do concello, nomeadamente na parroquia de Outes”, e engadiu que “é inaceptábel que en pleno 2023 se acepte dende o Estado e a Xunta que se retire un servizo básico sen ser substituído pola fibra óptica ou un servizo físico de análogas características.”.

O alcalde, Manuel González López, trasladou á veciñanza o seu “máximo apoio” nesta situación e demandou “que se dote dun servizo digno e de calidade ao noso rural”.

A veciñanza rexistrou unha solicitude para atender esta situación que lle será trasladada dende o Concello ás entidades competentes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.