A Pobra lanza a campaña municipal Desmárcate! co gallo do 25N

03 Novembro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou este venres 3 de novembro a campaña municipal deste 25N de 2023, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A campaña, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, concibiuse como unha pregunta directa que convida a cada cidadá e cidadán a reflexionar sobre o lugar que ocupa ante o problema da violencia machista. Achéganse nos carteis da iniciativa cinco posíbeis respostas: agresor, vítima, familia que agocha, amizades que calan e veciñanza que non ve. “É un claro convite a non ocupar ningún destes papeis e a que sexamos axentes para o cambio”, sinalou a edil, na presentación da campaña chamada Desmárcate!

Ramos explicou que esta campaña pon o foco “na contorna social máis próxima das mulleres que sofren violencia machista; unha campaña coa cal queremos que a sociedade se desmarque deses papeis e colabore coa acción na erradicación da violencia contra a muller”. Durante o acto de presentación, a edil estivo acompañada pola asesora xurídica á muller, María Pérez, e a axente da igualdade, Carolina Rodríguez.

Esta campaña estará presente nas redes sociais, establecementos hostaleiros e comerciais, no valado publicitario na zona de San Lázaro e nunha lona no balcón da Casa Consistorial. No cubo situado nas inmediacións dos Xardíns de Valle-Inclán haberá un panel co iceberg da violencias visíbeis e invisíbeis e outro co círculo da violencia para contribuír a crear conciencia contra este problema social. Ademais, a fonte da alameda iluminarase da cor violeta.

Amais, desenvolveranse numerosas actividades para diferentes públicos ao longo de todo o mes de novembro.

O Servizo da Igualdade darase a coñecer na comunidade educativa para mostrar o seu labor e mellorar a accesibilidade da xente máis nova ao dito servizo. No día 7 levarase ao IES pobrense, mentres que no día 15 se fará o propio no CPR Divino Maestro. Tamén para o alumnado destes centros se configura a función teatral de carácter pedagóxico Golpes, no Teatro Cine Elma, no día 23, en horario lectivo e da man da Secretaría Xeral da Igualdade.

No que respecta a propostas destinadas a escolares da infantil, atópanse as sesións de contacontos a cargo de Loida Fernández na E.E.I. Fernández Varela, no día 21; no Monte Carmelo, no día 22; e nas escolas unitarias, no día 23.

Xa para a primaria se artella unha concentración no día 24, na praza Alcalde Segundo Durán. Portando paraugas da cor morada co lema Desmárcate! e o cancelo #apobracontraaviolenciamachista, formarán o símbolo feminista.

Doutra banda, realizarase unha nova sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero no día 14, na Casa da Mocidade; e no día 22 instalarase o stand Agresión Off, nos Xardíns de Valle-Inclán, para o reparto de material divulgativo, dar información e sensibilizar a través de actividades lúdicas da man da Secretaría Xeral da Igualdade.

E, no propio día 25, celebraranse os actos centrais a partir das 12.00 horas cunha concentración, a performance A última cea, de Uxía Morán, a lectura dun manifesto e un minuto de silencio. Serán no Cantón da Leña e están abertos a toda a veciñanza.

Parte desta programación conta con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio da Igualdade.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.