A CRMH proxecta “Ciudad de la Selva” en Ribeira, este sábado 2 no Auditorio

29 Novembro 2023


Este sábado 2 de decembro a Comisión pola Recuperación Histórica do Barbanza (CRMH) organiza a proxección do documental Ciudad de la Selva no Auditorio de Ribeira.

O filme Ciudad de la Selva narra a historia da resistencia contra a ditadura nos montes de Casaio, unha parroquia montañosa de Carballeda de Valdeorras onde un grupo de homes e mulleres organizaron un asentamento destinado a dar respaldo loxístico á guerrilla antifascista.

A proxección comezará ás 18h e contará coa presencia do director do documental, Miguel Riaño, que presentará o filme e con quen as persoas asistentes terán a oportunidade de manter un coloquio tras o visionado da súa obra máis recente.

A proxección conta co apoio da Deputación da Coruña.

Ciudad de la Selva é a crónica cinematográfica da derradeira fronte de batalla da Guerra Civil española a mediados dos anos 40. A historia deste grupo de refuxiados (fuxidos), que tratan de sobrevivir coa esperanza de que, ao final da Segunda Guerra Mundial, os exércitos aliados interveñan tamén en territorio español.

Tralo alzamento militar de 1936, moitos civís vense obrigados a desprazarse buscando un lugar seguro á espera do fin da guerra. A Ciudad de la Selva xorde como un asentamento de desprazados nos montes de Casaio (Ourense) que reúne, fundamentalmente, a galegos e asturianos opositores ao novo réxime franquista. Hoxe, grazas a un gran número de achados arqueolóxicos e ao testemuño de expertos e persoas que se relacionaron directamente con este grupo de disidentes, podemos reconstruír a historia destas persoas e saber que sucedeu nos montes de Casaio desde que formouse o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da Garda Civil en 1946.

Outros artigos

Sufocado un incendio nun silo en Porto do Son sen danos persoais

Un incendio declarado na mañá deste martes nun silo situado na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son, quedou finalmente sufocado sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibíuse pasadas as 8:30 horas, cando un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.