A comunidade de Amicos celebra o seu tradicional magosto

16 Novembro 2023

A comunidade da asociación inclusiva Amicos, con sedes principais en Ribeira e Boiro, celebrou este xoves 16 de novembro a súa festa de magosto. Houbo castañas asadas, música, baile e varias actividades lúdicas. Nela participaron os usuarios do centro de día, do centro de atención temperá e as e os integrantes do equipo da asociación.

As instalacións do centro de atención integral de Boiro acolleron a tarde deste xoves, 16 de novembro, o magosto de Amicos. Deste modo, a principal atracción da festa, que comezou arredor das 15.00 horas, foi unha máquina de asar castañas das que adoitamos ver polas rúas galegas.

Como dixemos, con motivo da celebración, no centro reuníronse os beneficiarios do centro de día, os “amicos” e “amicas” do centro de educación temperá e do equipo da asociación. Todos eles degustaron unhas saborosas castañas ao tempo que desfrutaban da música, o baile e actividades como a pintura facial.


Ademais, durante os primeiros días desta semana, todos os mozos e mozas do centro botaron man da súa creatividade para crear unhas caixas personalizadas como alternativa aos típicos cornetes. Estas contaban con dous compartimentos separados, nos que gardar nun lado as castañas asadas e no outro as cascas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.