A comarca contará con dúas unidades de atención temperá co apoio da Xunta

24 Novembro 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou a unidade de atención temperá do Concello de Noia, acompañado polo seu alcalde, Santiago Freire, para informar das axudas do Goberno galego para a creación destes servizos por parte das entidades locais. Con esta orde atendese a máis de 5.000 nenos de toda Galicia que presenten problemas de desenvolvemento.
O representante do Goberno galego informou que a comarca do Barbanza conta con dúas unidades en Pobra do Caramiñal, compartido con Ribeira e Boiro e en Noia, compartido con Lousame, Outes, Muros e Porto do Son. Estes centros teñen unha axuda quecomprende a actividade dos anos 2022-2023-2024 de máis de 684.000 euros para garantir o seu funcionamento.
Trenor puxo en valor a importante aposta durante os últimos anos por estes servizos de atención. Neste sentido, concretou que no ano 2009 existían dúas unidades na nosa Comunidade que daban atención a 15 concellos galegos, mentres que na actualidade son xa máis de 40 os centros que dan servizo a máis de 200 municipios. “É dicir, cada vez máis familias contan con este servizo ao carón das súas casas, o que fomenta a igualdade de oportunidades con respecto ás familias que viven nas cidades” afirmou.
O representante do Goberno galego apuntou que “este recurso permite actuar ante posibles problemas no desenvolvemento de nenos de ata 6 anos de idade”. Como novidade, esta convocatoria —dotada con 12 millóns de euros— é de carácter plurianual, o que permitirá darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha, ao garantir a seguridade financeira e reducir os trámites administrativos para solicitar as axudas.
O delegado recalcou que nestes centros ofrécese unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social. Neste senso apuntou que para acceder a este servizo a familia deberá acudir ao servizo de pediatría do centro de saúde que lle corresponda e informará ao pediatra da sospeita de trastorno do desenvolvemento. Será este profesional quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará á familia á unidade de atención temperá máis adecuada para o caso.

COMARCA BARBANZA
ENTIDADE AXUDA Anualidades 2022-2024

AGRUPACIÓN DA POBRA DO CARAMIÑAL, RIBEIRA E BOIRO 345.960,00 €

AGRUPACIÓN DE NOIA, LOUSAME, OUTES, MUROS E PORTO DO SON 338.330,32 €

2 ENTIDADES 684.290,32 €

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.