25N: O PP de Ribeira fai unha proclama para seguir loitando contra a violencia de xénero dende a colaboración

17 Novembro 2023

Con motivo da vindeira celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o PP de Ribeira emitiu un comunicado no que propón unha serie de medidas concretas para atallala e combatela. Trátase dunha moción para ser debatida en pleno asinada pola voceira do grupo popular no Concello, María Sampedro. Segundo indica, “a loita contra a violencia de xénero é un dos temas máis relevantes e urxentes que vén centrando a atención pública nas últimas décadas, un tema que pasou, afortunadamente, de ser considerado unha cuestión do ámbito privado, a encabezar a lista de problemas públicos de máxima importancia e a acadar altísimas cotas de consenso, social e político, ao seu redor”.

Tendo en conta a necesidade de impulsar medidas eficaces para loitar contra esta lacra, o grupo popular impulsou nas súas lexislaturas diversas medidas que fomentaban a colaboración, xa que “a violencia de xénero unha loita de todos, e na que cada punto de vista neste sentido conta”. Medidas como as mesas de coordinación en violencia de xénero, “nas que facíamos participe á cidadanía”, facendo campañas de formación e sensibilización en centros educativos de Primaria e ESO e para o alumnado dos ciclos de Ribeira e as asociación, promovendo obradoiros co-educativos en todas as etapas educativas con accións multidisciplinares, formación a mulleres de autoestima, apoderamento, prevención en violencia de xénero, saúde, competencias dixitais, defensa persoal, etc”. O PP tamén destaca no comunicado a posta en marcha marcha dun protocolo de actuación en casos sospeitosos de submisión química e dun programa de formación para o persoal do Concello sobre igualdade e linguaxe inclusiva, ou a aprobación por unanimidade dun regulamento de linguaxe inclusiva e do III plan de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Ribeira.

O Partido Popular tamén recorda que “seguindo as obrigas do III PIOM 2019-2023 do Concello de Ribeira, creouse a comisión de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2019-2023 encargada de dar impulso, planificación, coordinar e implementar as accións, así como facer o seguimento e avaliación deste III PIOM 2019-2023”.

Outra liña de traballo tamén foi a materializada a través do CIM de Ribeira, que os populares consideran que “é un dos que mellor funcionan na comarca, sen minusvalorar a ningún outro”.

A todo isto súmase “a inauguración en 2022 do punto de encontro familiar, tan demando na nosa comarca e que beneficiaría a ducias de familias”, salienta María Sampedro, destacando ademais que na pasada lexislatura “solicitamos no marco das mesas de coordinación local, onde participaban forzas e corpos de seguridade do corpo da Polícia Nacional así como da Policía Local, a adhesión ao sistema VioGen, un obxectivo que hoxe queremos volver reiterar e que vai en consonancia coas petición que vimos facendo no último pleno de incrementar efectivos para adicar neste caso a loita contra a violencia de xénero”.

Por todo o exposto, O Grupo Municipal do Partido Popular presenta a seguinte proposición:

“Seguir implementando medidas de apoio e protección integral as vítimas de violencia de xénero, os menos e nenas da unidade familiar”.

“Implementar campañas de concienciación e sensibilización a nivel familiar, no entorno educativo contando coa participación das asociacións a nivel comarcal e local”.

“Solicitar a adhesión do Concello de Riberia ao sistema VIoGen”.

“Avanzar no IV PIOM Concello de Riberia 2023-2027”.

Outros artigos

Despois do paso da fronte, o luns entrarán os ventos de compoñente norte que deixarán os ceos parcialmente nubrados, con algún chuvasco illado máis probable na metade norte durante a mañá e con máis claros pola tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado...

+

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...