“Unha Constitución a medida de cada quen”. Antón Luaces

09 Outubro 2023

Aqueles que un día deron en dicir que “España vai ben” son os mesmos que agoiran actualmente que España vai tan sumamente mal que será comida polos lobos do independentismo grazas a que o candidato socialista á presidencia do Goberno (por mandado do Rei de España, Felipe VI) está a por en mans de ERC, Junts e Bildu a posibilidade de despezar un reino que o é grazas a que Franco designou a Juan Carlos de Borbón “sucesor a título de Rei”. 

E como non hai Rei sen reino, aqueles que obviaron inicialmente a Constitución española, reclaman Constitución sen saber se o candidato Pedro Sánchez vai incumprir a Carta Magna en algún dos seus artigos sen querer recoñecer que eles sí pasan por riba da mesma Constitución (cuxo cumprimento reclaman) cando, como é coñecido, levan case que cinco anos -que se cumpren dentro de dous meses- sen renovar o órgano de goberno do Poder Xudicial (Consello Xeral do Poder Xudicial), a quen corresponde “velar pola garantía de independencia dos xuíces e maxistrados”  que preside o titular do Tribunal Supremo. 

Do Poder Xudicial forman parte organismos tan trascendentais como o devandito Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional, os Tribunais Superiores de Xustiza, as Audiencias provinciais, os xulgados de primeira instancia e instrución, e outros órganos xurisdicionais profesionais e non profesionais e consuetudinarios e da xurisdición militar de España, que teñen a potestade de administrar xustiza.

O Poder Xudicial é, como ben se sabe, un dos tres grandes poderes do Estado español. É un poder único para todo o Estado, partindo do principio segundo o cal a xustiza emana do pobo  e esta é administrada no nome do rei. Os presidentes dos respectivos órganos xudiciais superiores son nomeados a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo Rei, mediante Real Decreto, e permanecen non seus cargos cun mandado de cinco anos que pode ser posteriormente renovado. Este é un caso de grave incumprimento en España por canto esa renovación non se levou a cabo pola negativa reiterada do maior partido da oposición ata o pasado 23J e que debera ser cumprimentado en decembro de vai cinco anos. Así o estabelece a Constitución tantas veces mencionada, que dictamina que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) debe renovarse “na súa totalidade” cada cinco anos, contados desde a data da súa constitución. 

Se a Constitución obriga a todos os españois, que é o que impide no caso do actual PP, renovar o CXPX?. 

Talvez non convén aos intereses deste partido dada a posibilidade de que o Consello estea formado, unha vez se constitúa un novo goberno -se este é presidido polo PSOE- por unha maioría progresista?.

Quen incumpre, xa que logo, a Constitución na España que “ía ben” e agora semella que non?. Que motiva que os presidentes do Congreso e o Senado non tomen cartas neste asunto?.

…

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.