Un home queda atrapado entre o seu chimpín e un poste en Boiro

04 Outubro 2023

Para poder liberalo, os Bombeiros de Boiro derrubaron parte do peche dunha casa.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasadas as once da noite pasada, cando un familiar do afectado contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda urxente.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Boiro, así como do equipo municipal de Protección Civil. 

Á súa chegada, os efectivos de salvamento comprobaron que o ferido estaba atrapado entre o chimpín que manexaba e un poste, e para liberalo, tiveron que tirar parte do peche dunha casa.

Segundo explicaron, o home estivo inconsciente por momentos, pero, finalmente, foi evacuado estabilizado ao Hospital do Barbanza polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Este operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico, que acudiron ao lugar do accidente para coñecer todos os detalles deste accidente. Neste senso, cómpre indicar que quen chamou ao 112 Galicia, seu neto, explicou que o avó caera do chimpín e presentaba diversas lesións. 

Bombeiros Boiro

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...