“Un expedente e seis regulamentos para a reforma do réxime de control da pesca da UE”. Antón Luaces

19 Outubro 2023

Foron necesarios cinco anos de intensas negociacións, pero a reforma do réxime de control da pesca da Unión Europea xa é un feito. Esta reforma foi aprobada no Pleno do Parlamento Europeo por 438 votos favorables, 146 en contra e 40 abstencións. 

A eurodeputada Clara Aguilera, portavoz socialista da Comisión de Pesca e poñente do informe, que recibiu con satisfación este informe, coida que o expedente é o máis importante da Comisión de Pesca na actual lexislatura.

Coa aprobación da revisión de control da pesca, o sector pesqueiro disporá de novas ferramentas e maior flexibilidade para cumprir esas normas da PPC (Política Pesqueira Común) contribuindo asimesmo 

á sostibilidade dos recursos mariños.

Segundo as novas normas, todos os barcos deberán levar a bordo un dispositivo de seguemento que permita localizalos e identificalos a intervalos regulares. Algúns buques artesanais específicos é probable que queden exentos desta obriga ata 2030 e todas as frotas pesqueiras  artesanais disporán  de ata catro anos para se adaptaren a estes novos requisitos. Con esta norma nova poderán recompilarse datos máis precisos, cuestión que, sen dúbida, permitirá unha millor xestión dos recursos mariños, segundo se desprende do sinalado polo Parlamento Europeo.

Todos os buques da UE deberán rexistrarse e declarar as súas capturas dixitalmente. Serán de aplicación especialmente nos cadernos diarios de pesca, as declaracións de transbordo e as declaracións de desembarque. Os patróns ou capitáns de buques con menos de 12 metros de eslora poderán cumprimentar e presentar unha declaración simplificada ao remate da xornada de pesca, unha vez se atopen seguros no porto e antes do desembarco.

Por primeira vez tamén terán que declarar as capturas as embarcacións de recreo. Deberán facelo a través de sistemas electrónicos estabelecidos polas autoridades nacionais ou pola Comisión.

Un dos obxectivos da reforma é garantir un réxime de control simple, transparente e eficaz que garanta o cumprimento efectivo, uniforme e actualizado da PPC, se ben poderán armonizar o sistema de control e inspección pesqueira da UE, para non crear un sentimento de inxustiza entre os pescadores dos distintos Estados membros. O texto aprobado polo Parlamento dará tempo abondo -catro anos- para que o sector se adapte ás novas medidas.

En definitiva, todos os datos dos barcos de pesca serán  rexistrados dixitalmente e presentados electrónicamente aos Estados membros e á Comisión Europea de xeito que desde o caderno diario de pesca ata as notas de venda, todos os datos se extenderán ao longo de toda a cadea alimentaria e estarán dispoñibles para os consumidores.

A plena dixitalización non pode estenderse máis aló do ano 2030.

Para garantir o respecto da obriga de desembarque, os buques da UE de 18 metros ou máis que podan supor un alto risco de incumprimento deberán dispor de sistema de vixilancia electrónica  remota a bordo. A marxe de tolerancia mantense nun 10% por especie, e se inclúen varias excepcións para pequenas cantidades, pesca peláxica industrial e atún tropical.

Adoptado formalmente polo Consello, o Regulamento entrará en vigor 20 días despois da súa publicación no Diario Oficial, se ben van ser implementadas gradualmente varias medidas , que permitirán aos Estados membros e ás frotas pesqueiras o tempo necesario para se adaptaren.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.