Rianxo homenaxea este venres a Manuel María

26 Outubro 2023

Rianxo vai homenaxear este venres 27 de outubro ao poeta Manuel María Fernández Teijeiro, popular e comunmente coñecido como Manuel María. Trátase dun acto organizado por Galiza Nova A Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo, o BNG de Rianxo e a Casa Museo de Manuel María. Contarase coa presenza de Alberte Ansede (presidente da Fundación Manuel María) e de José Antonio González Vilariño e Yolanda Tarrío Fernández, que farán, ámbolos dous, de condutores da homenaxe ao poeta da Terra Chá. A cita dará comezo ás 20.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, de marcado compromiso político e cultural.

Entre as súas obras destacan: Muiñeiro de brétemas (1950), o primeiro poemario dun poeta da nova xeración; Morrendo a cada intre (1952), Terra Chá (1954), unha homenaxe á súa terra natal onde a paisaxe é o protagonista; Libro de pregos (1962), Barriga verde (1968), Poemas ao outono (1977), Catavento de neutrós domesticados (1979), ou Compendio de orballos e incertezas (1991), entre outros.

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.