Organizados os percorridos e os horarios dos obradoiros de envellecemento activo de Dodro

26 Outubro 2023

O Concello de Dodro informou de que xa están organizados os percorridos e os horarios dos obradoiros de envellecemento activo e memoria para persoas maiores de 55 anos que organizou o Goberno local a través de Asuntos Sociais, e co obxectivo de achegar actividades para manter activa á poboación sénior.

Trátase dun programa obradoiros de envellecemento activo que inclúe sesións de estimulación cognitiva e de memoria e que está destinado á veciñanza do concello, con data de comezo para este mes de outubro.

Hai grupos formados en distintos núcleos en diferentes horarios da tarde: en Traxeito, en Lestrobe, en Imo, en Tallóns, en Teaio, en Bexo e en Vigo.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.