O PP de Ribeira acusa ao Executivo local de «traballar en beneficio propio» e de levar a pleno tres veces os mesmos orzamentos deles

09 Outubro 2023

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira, María Sampedro, compareceu esta mañá en rolda de prensa a propósito dos orzamentos que o Goberno vai levar a pleno extraordinario este mércores: un documento, afirmou, que se corresponde ao 99% co que o Partido Popular levou a pleno en tres ocasións e foi rexeitado polos grupos que hoxe conforman o goberno. “Con isto se demostra que enganaron ao pobo –afirmou- e que o único que querían era afogar ao goberno do Partido Popular para beneficio propio, facéndolle perder a Ribeira case dous anos”. A este respecto, a voceira popular recordou que como consecuencia do rexeitamento daqueles orzamentos os traballadores do Concello seguen sen ver aplicadas as actualizacións salariais e que se chegou a poñer en perigo a continuidade do servizo de axuda no fogar.

María Sampedro tamén se mostrou moi crítica polo feito de que, a diferencia do que era o proceder habitual en anteriores lexislaturas, a oposición non foi consultada para que puidese aportar achegas. Lonxe disto, o grupo maioritario da Corporación non foi convocado ata o venres pasado para unha xunta de voceiros e para as comisións informativas, co pleno xa convocado e o documento pechado, e o mesmo aconteceu coa representación dos traballadores municipais.

Perda de calidade democrática
Sampedro incidiu en que con este tipo de “política de feitos consumados” o Concello de Ribeira segue a perder calidade democrática e salientou que este novo Goberno que, na súa etapa na oposición, tanto presumía de transparencia e diálogo, fai xusto todo o contrario. Así, recordou que xa no primeiro pleno de organización o Tripartito non escatimou en repartirse sete dedicacións exclusivas e en aumentar un 50% as dietas por asistencia ás xuntas de goberno, sen manter contacto de ningún tipo co Partido Popular.

Analizando o orzamento que se levará a pleno, diferéncianse dos anteriores en que rexistran uns maiores ingresos derivados de transferencias procedentes doutras Administracións como a Deputación e os Fondos Next Generation.

Sobre estes últimos, apuntou que se incorpora a financiación europea dun Plan de Comercio que foi xestionado e tramitado polo anterior goberno do Partido Popular en coordinación coa Asociación de Empresarios.

Medran tamén os tan necesarios gastos do mantemento (algo que lle impediran ao Partido Popular ao votar en contra dos orzamentos), mentres que Sampedro saudou que o novo Goberno dea a razón ao anterior Executivo na súa política económica en cuestións como o da débeda, á que este Goberno vai recorrer, situándoa en torno ao 52%.
O aforro bruto é de 5 millóns de euros e o aforro neto de 3 millóns, o que lle dá as arcas locais un amplo marxe de manobra; mentres que no capítulo de inversións non se apreza ningún tipo de actuación nova.

“Deixámoslles un goberno saneado e líder en investimentos e en fondos europeos –declarou- e agora tócalles a eles demostrar que están preparados para xestionar, en lugar de dedicarse á política da fotografía e as redes sociais”.

Seguridade cidadá
Outro dos asuntos no que incidiu María Sampedro foi na de seguridade cidadá pois os orzamentos prevén a contratación de dous novos axentes de policía local, que era a proposta que traía precisamente o Partido Popular nos seus orzamentos e que contrasta clamorosamente con “aquela enmenda á totalidade aos orzamentos do Partido Popular” na que Luís Pérez Barral propuña incrementar a plantilla en nove policías locais. “A realidade é moi diferente á ficción na que vivía o señor Pérez Barral cando estaba na oposición”.

Ao fío disto, instou ao Tripartito a que entable xestións co Goberno Central para aumentar a dotación de policías nacionais na Comisaría de Ribeira, dado que comparten cores políticas a través do Partido Socialista.

A voceira do Partido Popular conminou aos membros do executivo a que abandonen a política de escusas e de botarlle a culpa de todo ao anterior goberno, e utilicen as súas sete dedicacións exclusivas en xestionar , gobernar e buscar solucións. “Non pode ser que en temas tan serios como a seguridade a única solución que atope este goberno sexa a de que os veciños recollen sinaturas”, concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...