O grupo A Misela, con sede en Noia, estará este venres 27 en Rianxo para achegar un novo concerto de canto iberoamericano. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Será ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. O concerto é de balde, coa retirada dos convites dende unha hora antes do comezo do concerto (máximo de 2 persoa).
A Misela é unha agrupación noiesa de música coral que centra a súa actividade nos sons iberoamericanos, poñendo o foco na música popular tanto da Península Ibérica como de América Latina.




