
Integrantes do equipo de Goberno de Ribeira visitaron este venres 27 de outubro a obra de saneamento de Campelos, na parroquia de Olveira. Os traballos, que se executarán nun prazo de 5 meses, ten un orzamento de 216.055,11 euros.
Segundo lembraron dende o Executivo local, o lugar de Campelos, na parroquia de Olveira, non existe actualmente rede de saneamento. Para proporcionar este servizo á veciñanza da zona proxectouse a instalación de 1.295,00 metros de colector e un bombeo que impulsará as augas ata a súa conexión coa rede xeral.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipais. “Dende o Concello seguimos a traballar para adecuar o saneamento de tódalas parroquias e garantir a saúde de toda a veciñanza. Unha rede de saneamento ben deseñada contribúe tamén á protección do medio ambiente, xa que reduce a contaminación do solo”, explicou o alcalde Luís Pérez.



