Este 12 de outubro Rianxo acolle a terceira andaina solidaria cos nenos oncolóxicos de Galicia (Andaina ASANOG)

11 Outubro 2023

Rianxo vai acoller este 12 de outubro a terceira edición da Andaina Solidaria ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), coa colaboración do Concello e co obxectivo de recadar fondos para a asociación, á que irá o 100% do recadado a través das inscricións.

Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico rianxeiro,volverá ser o padriño da proba.

​​A andaina desenvolverase o xoves 12 de outubro, a partir das 10:30 horas e pódese escoller entre dous percorridos de moi baixa dificultade (4 e 11 quilómetros) para facilitar a participación e colaboración con ASANOG. Tamén é posíbel colaborar coa entidade a través da Fila Cero (0), que estará dispoñíbel na páxina web das inscricións. Estas xa están abertas (a través de Emesports ou presencialmente no Servizo de Deportes de Rianxo ou na praza Castelao até 15 minutos antes do inicio da proba) e rematan o luns 9 de outubro de 2023 ás 23:59 h. O límite de prazas é de 750 participantes.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.