O 112 Galicia xestionou 270 incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía do mércores

19 Outubro 2023

Entre as 12 de onte e as 6 horas desta madrugada, o 112 Galicia rexistrou un total de 271 incidencias relacionadas co vento e a chuvia que afectan á comunidade. A maioría delas tiveron lugar durante a tarde do mércores, mentres que esta madrugada sumáronse unicamente 9 incidentes, ningún deles de consideración.

En primeiro lugar, cómpre sinalar que nestes momentos un aviso amarelo por chuvia e vento afecta a todo o territorio galego. No litoral tamén permanece activo un aviso do mesmo nivel.

As incidencias relacionadas coas vías de circulación foron as máis repetidas, coas árbores e pólas (86), os anegamentos e as bolsas de auga (38), a terra, as pedras ou as verteduras (9) como destacadas. A continuación sitúanse as actuacións dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores (35) e os anegamentos en rúas (32), vivendas (12), garaxes (9) ou baixos comerciais (8).

En canto ás provincias, a da Coruña é a máis afectada con 130 incidencias, seguida de preto por Pontevedra (107). Pola súa banda, Lugo (26) e Ourense (8) sufriron con menor intensidade os efectos da meteoroloxía adversa.

O maior número de incidentes rexistrouse en concellos como Santiago (22) e A Coruña (6), na provincia da Coruña; Pontevedra e Tui (8), así como A Estrada (5), na de Pontevedra; Ribadeo e Friol na de Lugo, con tres cada un e, por último, os municipios de Avión e O Barco de Valdeorras sumaron tres na provincia de Ourense.

Incidencias destacadas
Por fortuna, ningunha das incidencias que se rexistraron no 112 Galicia durante a tarde de onte e ao longo desta madrugada causou danos persoais. Destacan, iso si, algúns casos nos que se viu afectado o alumeado público de cidades como Pontevedra, Santiago, Vigo ou Ferrol.

Corrubedo

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...