Na Pobra acometidas tarefas de mantemento na escola unitaria da Granxa

30 Outubro 2023

Atendendo ás necesidades presentadas polas escolas unitarias da Pobra do Caramiñal, a brigada municipal dos colexios desenvolveu durante o verán unha serie de labores de mantemento e mellora cara o inicio do curso escolar 2023-2024. Nesta
folla de ruta estaba presente A Granxa que loce xa a aula renovada.
Carlos Abuín, coordinador da brigada dos colexios, explica que a intervención consistiu no pintado do interior da aula, colocación de tarima, revisión da instalación eléctrica e cambio a luminarias LED e revisión da fontanería, baños e canelóns.
A estas tarefas hai que sumar proximamente o cambio das fiestras e da porta para a mellora da eficiencia enerxética da instalación, ademais da substitución do peche perimetral do recinto, por un importe total preto dos 20.000 euros, segundo avanza a concelleira do Ensino, Amparo Cerecedo, quen destaca a importancia do referido equipo creado no anterior mandato para dar resposta ás demandas de competencia municipal nos centros educativos.
A dita contía económica enmárcase nos 65.000 euros con cargo ao remanente da Tesouraría para arranxos e actividades lúdicas en centros de ensino; cifra á que en vindeiras datas se engadirán outros 55.000 euros, tal e como avanza a edil.
Cerecedo tamén indica que por parte da Concellaría dos Servizos Sociais se convocaron novamente as axudas para a escolarización destinadas a familias en condicións económicas e sociais desfavorables. O orzamento dedicado para estas achegas situouse nos 11.000 euros para contribuír a sufraga-los gastos de adquisición de material escolar e os gastos de comedor, do cal se benefician 30 crianzas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.