Dodro celebra este sábado unha xornada de “plogging” (exercicio na natureza e recollida de lixo)

26 Outubro 2023

O Concello de Dodro, en colaboración da Deputación da Coruña, organiza este sábado 28 de outubro unha xornada de plogging a disposición de residentes e visitantes. Trátase dunha xeira deportiva, saudábel e sustentábel na que se convida ás persoas participantes a exercitarse ao tempo que recollen residuos da natureza: plásticos, briks, latas, botellas, etc.

Segundo informa o Concello de Dodro, “trátase dunha práctica que comezou en Suecia hai uns anos e foi estendendo por outros países, incluíndo rutas de sendeirismo por parellas combinadas coa recollida de refugallos e con premios a quen máis lixo apañe”, sendo este o formato elixido para a xeira ambiental deste sábado en Dodro, que ten, segundo informan dende o Concello, a gran vantaxe de ofrecer dúas propostas nunha única xornada: exercicio e ecoloxía nun só día.

Como dixemos, haberá trofeos para as parellas que máis cantidade de plásticos, latas e briks apañen e, tamén, para as que máis quilómetros percorran.

Quen precise máis información pode poñerse en contacto co Concello (Departamento de Deportes, a través do teléfono 981 802 532 ou a conta de correo deportes@dodro.gal).

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Noia púxose as botas de montaña en beneficio de Misela

O pasado domingo 3 de decembro celebrouse en Noia a sexta edición da Andaina Solidaria a prol da Asociación Misela, organizada polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello, coincidindo coas celebracións do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...