Desaloxada a discoteca Sala Malatesta en Santiago ao producirse un incendio na instalación eléctrica

08 Outubro 2023

Os feitos ocorreron ao fío das 01:00 horas na sala de concertos Malatesta situada na rúa de San Lorenzo. Afortunadamente, ninguén resultou ferido

O incendio, orixinado nun foco de luz dunha sala de concertos localizada na Rúa de San Lorenzo, obrigou ao persoal da discoteca a desaloxar a unhas 100 persoas que se atopaban no seu interior no momento dos feitos.

Deste xeito, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao espazo no que comezou o lume, o que afectou aos cabos e ao falso teito do inmoble.

Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou aos traballadores do lugar, que rapidamente chamaron ao 112 Galicia mentres evacuaban ás persoas. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Santiago e tamén aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Igualmente, púxose a situación en coñecemento dos axentes da Policía Nacional e Local.

Así, preto da unha hora da madrugada, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento controlaron o lume e ventilaron o local, ademais de efectuar minuciosamente as comprobacións necesarias, co fin de asegurarse de que non quedaba ninguén no interior da sala.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.