Crise no goberno municipal de Rianxo. O PSdG dimite da Xunta de Goberno Local e insta o alcalde a sentarse nunha negociación conxunta co resto de forzas políticas

31 Outubro 2023

O Psde G-Psoe de Rianxo, a travé do seu voceiro , Óscar Rial, fixo público esta tarde unha nota de prensa na que informa da postura do Grupo Municipal respecto a decisión de abandonar a Xunta de Goberno Local e a aclaración ó respecto das información sobre a aprobación das dedicacións exclusivas e parciais vertidas recentemente polo alcalde Xulián Bustelo e o seu partido Rianxo en Común:

“Dada a situación vivida estes últimos meses, donde as informacións de dudosa veracidade vertidas dende o Grupo de Goberno encabezado por Xulián Bustelo, e dende o partido Político Rianxo en Común,ReC , este grupo Municipal, co respaldo da súa Agrupación Socialista de Rianxo, decide deixar a Xunta de Goberno Local, xa que consideramos “que nos debemos
afastar destas situación”.

Dimisión da Xunta de Goberno Local.
“Decimos afastarnos desta proposta de co-goberno, e descargar a responsabilidade futura en ReC xa que a forma na que están Gobernando non nos representa nin nos identifica con isos procisos. Por iso como 1º paso dimitimos da Xunta de Goberno Local”
-Eliminarnos de actos Públicos Municipais ( nos elimina literalmente das fotos do acto)

A non convocarnos a reunións importantes para o beneficio de RIANXO

A non informar dos procisos dos que despois votaremos en pleno ( licitacións, presupostos, etc)

Polo trato á veciñanza; POLA atención , polas respostas, polas actitudes. Non nos representan eses modelos de atención veciñal.
-A non deixarnos acceder a información, aspecto que xa foi recriminado e solicitando desculpas públicas, xa que vulnera a liberdade da oposición ó acciso a información e “saltándose o que expón os artigos 14-15 do ROF.”

A non aprobación das dedicacións parciais.
O Voceiro do PSdG insta a Xulián Bustelo a que negocie as propostas mediante unha valoración escrita e concreta xunto co resto de grupos políticos, nun acto de transparencia e de participación política, co fin de poder chegar a acordos e pechar a aprobación das dedicacións parciais pendentes.
“Rexeitamos calquera comunicación manipulada, co ánimo de xerar opinión NEGATIVA E FALSA. No pleno Ordinario aprobouse o salario, a dedicación exclusiva, que o Propio Alcalde tiña plantexado na súa moción e na proposta remitida a eta agrupación en Xullo, polo que é falso como afirmou “ aprobáronme o salario que quixeron”.

Todos queremos que se resolva esta cuestión e así sempre o manifestamos, pero para iso o remitimos a tres cuestión básicas:

  • Estrutura organizativa de calidade: vemos como se suprimen áreas tan importantes como: medio rural, comunicación, márketing, seguridade, etc
  • Estrutura salarial en base a responsabilidades, e non en base ó nº de ocupación na lista, e de ser así, o nº2 debe ter a responsabilidade máxima, con respecto ós seus compañeiros/as ( neste intre a responsabilidade dende a nosa opinión recae no seu nº 4, Aberto Angueira). – Artigo 13. 4. Do ROF. Xulián sabe que quen debe aprobar estas dedicacións en base a responsabilidade que teñen as distintas áreas é o Pleno (ReC 5, PSdG 5, PP5, BNG 2) Comparativa salarial venta xosa en situación de Goberno de <Minoría>, Rianxo en Común decide facer comparativa Salarial con 2019 ( Goberno en maioría, e non facelo co Goberno en Minoría de 2015 goberno en minoría do BNG de 6 Concelleiros/as ( 1 máis que ReC), solo había 1 dedicación exclusiva de Adolfo Muíños 41.000€ e 2 dedicacións parciais de 19.000 € . Rianxo en Común propón con 5 representantes:45.000€ para Xulián, 19.000€ para 1º e 2º Tenente Alcalde e 17.000€ para 4º Concelleiro 79.000€ de 2015 fronte a 100.000€ de 2019 : +25.000€. Polo que aforro non o vemos.
    Aínda así este terceiro aspecto “non é determinante para nós. Queremos que o Concello funcione, e que o faga ben, con criterio”.
    Este grupo Municipal tiña a ilusión de formar parte dun Goberno de Coalición, pero decidimos dar un paso ó lado derivado das accións do Goberno de Rianxo en Común dos últimos meses , pero sobre todo das últimas semanas, e descargar así en eles a responsabilidade de calquera decisión negociada futura .
    Xulián quere impoñer o seu criterio a pesar de saber que necesita o apoio do Pleno para facelo, iso é o que amosou ás eleccións de 28M 2023: “que debemos chegar a acordos totais ou parciais”, e iso era xusto o que manifestaba Xulián Bustelo en diversos medios de comunicación “ReC indico que, con los resultados en la mano, no tiene duda de que su candidato será investido alcalde “para encabezar un goberno máis forte e estable posible”. Y anuncia que hablarán con los otros partidos para buscar puntos de encuentro y establecer una dinámica de trabajo y diálogo para el próximo mandato.”
    Non estamos enfadados, nin molestos, nin moito menos, “estamos decepcionados ”. O noso cometido é sinxelo: queríamos traballar para que Rianxo progresara nun Goberno de Coalición para darlle a Estabilidade necesaria para avanzar de forma urxente nos proxectos nos que Rianxo debe ser pioneira, e vemos que esta liña choca de fronte coa posición actual do Goberno.
  • Unha negociación non será frutífera se non hai interese por ambas partes por chegar a un acordo, é dicir, se as dúas partes non están dispostas a conciliar ideas. Se a algunha das partes non lle interesa chegar a ningún tipo de acordo, non servirá de nada. PSdG estaba disposto a ceder por 2º vez na súa proposta ( xa o fixemos antes do 13.07.2023 outorgando 123.000 para
  • que se organizaran e Xulián Bustelo non quixo, alegando que eles son libres de facer a súa propia proposta e renegando a negociar unha semana antes do pleno)
  • Cando non sexa posible chegar a un acordo total, pódese chegar a acordos parciais. Pero sería recomendable que cando se cheguen a acordos específicos, todas as cláusulas sexan definidas por escrito para evitar problemas e desconfianzas. Xulián Bustelo: «imos ser xenerosos con vós» «imos darvos parte de responsabilidade na elaboración do presuposto>>. Nós non damos crédito a todo isto, non tivemos unha proposta firme e escrita NUNCA.
  • E chegamos a parte máis importante, que é a manipulación e a chantaxe son estratexias que aplican para xerar opinión e presión pública. A manipulación só ofrece unha vantaxe temporal .
  • O efecto das campañas de desprestixio é semellante ao da chantaxe, que acaba tendo consecuencias negativas para os dous, xa que nos obriga a facer esforzos comunicativos como o que estamos facendo.
  • Para que unha negociación teña éxito, debe ser un acordo satisfactorio para ámbalas partes, con beneficios para todos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.