Ambar acolle o acto de entrega de diplomas da súa formación en comercio

06 Outubro 2023

O alumnado da formación en Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a domicilio, impartida no Centro de Recusos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, recibiron o seu diploma no acto de entrega que se celebrou na mañá deste 6 de outubro na sede de Ambar en Frións, Ribeira.

Araceli, María Elena, Juan Gabriel, Ismael, Jorge, Sefi, Antonio e Rubén realizaron a formación entre os meses de abril e setembro. O curso formounos durante un total de 320 horas, das cales 120 foron de formación práctica en empresas da comarca, adquirindo habilidades teóricas e prácticas coas que mellorar a súa empregabilidade en sectores clave da comarca.

Os alumnos e alumnas estiveron acompañados no acto por Cruz Rivadulla, concelleira de Educación, Formación e Diversidade; Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar; Alicia Romero, secretaria de Ambar; Daniel Tojo e Jessica Estévez, profesionais responsábeis da área de emprego de Ambar; Jaime Capilla, coordinador desta formación; Antía C. Mondelo, xefa do Departamento de Loxística de CONGALSA e Ángela Neu, técnico de RRHH de CONGALSA; Beatriz Gallego, responsábel de Inserta Galicia e Sandra Mugico, orientadora de inserta Galicia.

A xornada comezou cunha mesa redonda ca participación de Cruz Rivadulla, das profesionais de Fundación ONCE, das representantes de CONGALSA, das persoas profesionais de Ambar e alumnado. Falaron sobre os perfís máis demandados polas empresas, os aspectos que máis se valoran nunha entrevista e como superar as barreiras cas que se atopan as persoas con diversidade á hora de buscar e atopar traballo.

De seguido á mesa redonda os alumnos e alumnas da formación recibiron os seus diplomas. Pechou o acto Cruz Rivadulla, quen se despediu dicindo que “foi un pracer estar hoxe aquí, desfrutei convosco. Espero que teñades moita sorte con este curso, cos próximos e cos traballos que chegarán”.

Por último as persoas asistentes desfrutaron dun café onde puideron charlar e compartir experiencias dun xeito máis informal no mesmo espazo onde tivo lugar o acto.

Este curso está co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas con Discapacidade POISES “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.

Esta formación enmárcase na actuación do Obxectivo Temático 9: Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

Unha formación co-financiada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.