Esta semana o Taller Alecrín porá en marcha os seus cursos regulares Bailas? que desenvolverá polas bisbarras de Santiago e Barbanza ata finais de xuño do vindeiro ano. Santiago, Ribeira, Porto do Son e Pobra serán as poboacións onde o público adulto poderá aprender ou perfeccionar o seu estilo de baile.

Serán, en palabras de Alecrín, cursos de baile social pensados para parellas, onde se amosarán ritmos clásicos como o swing e o tango e outros ritmos máis actuais como a bachata ou a kizomba; e cursos linedance, modalidade de baile con inscrición individual pensada para singles onde os alumnos e alumnas verán ritmos como polka, disco, funky ou cha-cha-chá, serán as dúas modalidades deste programa de obradoiros de baile.
Taller Alecrín é unha entidade sen ánimo de lucro que dende hai máis de trinta anos adícase a promocionar o baile a nivel social, cultural e deportivo en colaboración con entidades públicas, privadas e asociativas.
Francisco Muñiz, mestre e adestrador de baile, será o responsábel da dirección técnica e pedagóxica dos cursos.
A inscrición aos cursos permanecerá aberta nos diferentes centros onde se desenvolven os cursos. para máis información pódese chamar ao 698 150 432.




