A Xunta concede a Rianxo preto de 400.000 euros para o Obradoiro de Emprego Monte Noso

29 Outubro 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu unha subvención de preto de 400.000 e euros ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego Monte Noso, impulsado dende o dito departamento para complementar o importante labor de promoción laboral do Obradoiro Pazo de Rianxiño, tamén en activo. O novo obradoiro irá destinado a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado. Estará centrado nas repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

En vindeiras datas aprobaranse as bases de selección e publicaranse as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solicitudes do alumnado, onde se establecerán os prazos e requisitos para a inscrición.

O proceso de selección farase a través da Oficina de Emprego de Boiro, co cal é necesario que as persoas interesadas sexan desempregadas e estean inscritas como demandante de emprego na Oficina de Emprego de Boiro.

Os traballos previstos abranguerán as actividades necesarias para o establecemento de plantas arbóreas do tipo de frondosas autóctonas, reposición de plantas danadas ou mortas, rozas manuais e mecanizada, rareo de arborado, podas, corta de invasoras, control de pragas e enfermidades, tratamentos fitocidas, mantemento de vías forestais (limpeza de gabias…), entre outros.

Temos toda a información precisa na páxina web do Concello de Rianxo.

Como dixemos, esta nova iniciativa de emprego únese á que focalizou a súa actividade no Pazo de Rianxiño, impulsada tamén dende o Concello, desta volta centrada en xardinaría e traballos de acondicionamento.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...