A Xunta e o Concello visitan o Obradoiro de Emprego Pazo de Rianxiño e anuncian unha nova iniciativa de inserción laboral

16 Outubro 2023

A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou este luns 16 de outubro o concello de Rianxo para comprobar o traballo desenvolvido no Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciativa destinada a favorecer a inserción laboral da cidadanía rianxeira e da contorna. Na súa estadía no municipio, acompañada polo alcalde, Julián Bustelo, puido comprobar o resultado das tarefas desenvolvidas polas/os participantes no obradoiro de emprego no acondicionamento das zonas axardinadas do pazo, as cales abriranse para o desfrute de toda a veciñanza nas vindeiras semanas.

A conselleira e o alcalde destacaron a importancia deste tipo de iniciativas formativas duais para favorecer a empregabilidade, e anunciaron a posta en funcionamento nos próximos días dun novo obradoiro dual de emprego grazas á achega de 398.284,65€ por parte da Xunta de Galicia. Este novo obradoiro, denominado Monte Noso, permitirá formar a 15 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. A formación práctica desenvolverase en terreos de diferentes comunidades de montes de Rianxo.

Segundo engadiu o alcalde, Julián Bustelo, prevese que o obradoiro bote a andar a comezos de novembro e en vindeiras datas publicarase a convocatoria de selección do persoal de formación, así como a solicitude de alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...