A Asociación de Veciños do Araño vai organizar o vindeiro 4 de novembro a celebración do magosto desta parroquia rianxeira, que contará co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e coa colaboración de Avoar. A cita será o sábado 4 a partir das 16.45 horas no Centro Social da Capela (Araño).
O programa inclúe unha degustación de castañas asadas de balde, un obradoiro de creación e xogos populares, una actividade de animación musical con Fogo Fatuo, un concurso de cabazas de Samaín, un servizo de cantina e unha festa infantil coa agrupación Teatro Calavera.

Quen precise máis información tena no Facebook da Asociación Veciñal de Araño.



