A Mesa lanza campaña para esixir máis presenza do galego nos contidos infantís: Xabarín Xa!

05 Outubro 2023

Malia que pasaron máis de dous anos dos acordos de maio de 2021, cando se conseguiu a unanimidade no Parlamento para garantir programación infantil e xuvenil en galego nas televisións públicas, seguimos á espera de poder contar cunha presenza minimamente visíbel da nosa lingua nos servizos de comunicación audiovisual, nas plataformas de streaming e nas aplicacións. É por iso que A Mesa lanzou unha campaña para esixir o cumprimento do dito acordo e a posta en marcha de ferramentas e iniciativas que aseguren produtos audiovisuais de calidade en galego: a campaña Xabarín Xa!. Segundo lembra A Mesa, a presenza do galego na comunicación audiovisual, a nivel de contidos para a nenez e a mocidade, é ben limitada: 3% na TVG, 0,83% na TDT e operadoras, 0% en TVE e por volta do 1,5% nas plataformas dixitais.

Este foi o motivo que levou hai 3 anos á Mesa pola Normalización a lanzar a Iniciativa Xabarín que con máis de 33.000 sinaturas certificadas conseguiu finalmente a unanimidade do Parlamento galego. “Desde maio de 2021 estamos a espera de que se cumpra o acordo unánime do Parlamento galego e a nova lexislación estatal para garantir programación infantil e xuvenil en galego nas televisións públicas”, sinala a plataforma, engadindo que o feito de “que as crianzas galegas podan contar con produtos audiovisuais de calidade en galego é unha necesidade que aínda se torna maior se observarmos que 24% de menores de 15 anos din non saber expresarse no noso idioma”. Por iso, apuntan, “comezamos de novo a Iniciativa Xabarín, cunha reivindicación fundamental: que se cumpra o acordo unánime do Parlamento galego e se faga cumprir a lexislación estatal”.

Estes son os puntos da campaña:

-“Que a Corporación de Radio Televisión de Galicia aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade a través do reforzo e a promoción das catro canles dixitais Xabarín coas que conta a CRTVG. O sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega”.

-“Reclamar do Goberno de España que, dentro do marco das súas competencias, promova as medidas precisas para que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego, nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa aplicación”.

-“Instar o Goberno español a impulsar o cumprimento do contido dos artigos do anteproxecto de lei xeral de comunicación audiovisual onde se recolle a pluralidade lingüística como principio básico, e que a nova lei recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda”.

-“Así mesmo, o Parlamento insta o Goberno galego a chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada a galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar o avance das accións necesarias para a recepción mutua TVG-RTP en Galiza e Portugal, segundo o recollido na Carta Europea de Linguas Rexionais ou minoritarias, tendo en conta as súas condicionantes técnicas e económicas para o tecido produtivo e publicitario, e da simetría no alcance de audiencias”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.