“A gran mentira” – Manuel Domínguez

26 Outubro 2023

O artigo 47 da Constitución Española declara que todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada e atribúe aos poderes públicos a obriga de promover as condicións necesarias e establecer as normas pertinentes para facer efectivo este dereito.

Traballas toda a vida. Ou recorres a unha hipoteca bancaria para adquirir unha vivenda onde comezar a construír un fogar, ao final consegues un teito, cres que lograches unha ilusión da túa vida: posuír vivenda propia, un dereito fundamental recollido na constitución.

Pero como dicía o conde de Romanones “vós facede as leis eu farei o regulamento”.

O estado é o gran Leviatán, que se come todo, o de hoxe, o de mañá, e o do devir.

Resulta que esa casa, esa vivenda ese fogar que creaches, o estado cárgache un imposto chamado IBI, e que ocorre co IBI?, pois resulta que se non podes pagalo, por razóns obvias, o estado róubache o que con tanto sacrifico construíches.

Entón pregúntome eu onde esta a validez do articulo 47.

É a gran mentira, a casa que habitas nunca será túa, se na vellez, ao baixar os teus ingresos, cando te atopas indefenso se non pagas ese imposto quedas sen vivenda.

A vivenda é un dereito básico, fundamental.

O estado é un gran leviatán, e cando o estado dáche algo, antes, moito antes, ti ou alguén tivo que depositalo con anterioridade, pois neste mundo nada, absolutamente nada é gratis.

Case a metade do teu salario é para manter o estado, é dicir que de 12 meses, preto dos 6 meses é para manter ao estado.

As cotizacións á Seguridade Social e o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) alcanzan xa o 39,5% do salario do traballador medio español, 0,2 puntos máis có ano pasado. A suma destes dous conceptos –o que se coñece como a cuña fiscal– supera en 4,9 puntos a media dos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), que se sitúa no 34,6%, sen variación anual.

Os políticos están exentos de declarar a totalidade dos seus ingresos, eles teñen unha dedución do 40%, se isto non te ofende non tes sangue nas veas, se non tes sangue nas veas es un ser morto, un morto en vida.

Pénsao, dá vida ás palabras

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.