A CIUG aproba as datas para a ABAU de 2024

20 Outubro 2023


Serán na primeira semana de xuño e na primeira semana de xullo. Nunha reunión mantida hoxe entre aprobáronse as datas para a realización das probas de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Polo que respecta á convocatoria ordinaria, como vén sendo habitual as probas terán lugar na primeira semana de xuño, do martes 4 ao xoves 6. Como novidade, as probas da convocatoria extraordinaria terán lugar na primeira semana de xullo, do martes 2 ao xoves 4. Deste xeito o alumnado da convocatoria extraordinaria poderá realizar a súa solicitude de preinscrición nos distintos graos ofertados no Sistema Universitario de Galicia entre o 18 e o 22 de xullo, xa coas cualificacións definitivas, e non cunhas cualificacións suxeitas a posibles modificacións por reclamacións.

Nun tempo de moitos cambios nas probas de acceso á universidade, tanto nos futuros modelos de exame como no currículo e, por suposto, coa aparición de novas materias en segundo de bacharelato, a CiUG está a facer un gran esforzo para poder desenvolver as probas en tres xornadas. Cunha poboación que ten unha porcentaxe de dispersión do 48,2 por cento, triplicando a media do estado, consideramos que debemos tentar minimizar os desprazamentos que ten que facer o noso alumnado desde as súas localidades ata os sete campus universitarios e tres concellos (A Rúa, Cee e Viveiro) onde se realizan as probas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.