A Asociación Cultural Albariza de Artes convoca o 10º Concurso de poesía 2023. Os textos serán en lingua galega e a partir de 9 anos haberá catro categorías.
Os recoñecementos serán un Premio con placa conmemorativa e vales de material escolar e deportivo para as categorías infantís e premios monetarios para categoría adulta. As obras premiadas serán publicadas. Os textos poden entregarse ata o 2 de novembro ás 22 horas.
O acto de entrega de galardón terá lugar o domingo 26 de novembro a partir das cinco da tarde no Centro Recreativo de Artes coa actuación de Carral e un ágape ao remate.
Máis información en https://www.facebook.com/museo.etnograficodeartes e en www.ribeira.gal




