Co inicio do novo ano escolar, os 21 estudantes do CEEPR AMICOS regresaron hoxe as aulas. Este período, que marca o comezo dunha nova etapa na educación dos alumnos e alumnas, representa “unha oportunidade para a aprendizaxe, a inclusión e o crecemento persoal”, en palabras de Amicos, que resume deste xeito o que significa para a comunidade de Amicos o inicio da tempada escolar:
“A educación especial é un aspecto fundamental do compromiso coa diversidade e a igualdade de oportunidades na educación. Estamos dedicados a proporcionar unha contorna de aprendizaxe segura, inclusivo e enriquecedor para todos os nosos e nosas estudantes, independentemente das súas necesidades e habilidades individuais”.
“Algúns dos aspectos destacados da nosa volta ao cole de Amicos inclúen programas de Educación Individualizada, o equipo de profesionais da educación especial traballaran estreitamente coas familias para desenvolver plans de educación individualizados que aborden as necesidades específicas do alumnado. Estes programas implementaranse coidadosamente durante todo o ano escolar para garantir unha aprendizaxe efectiva e significativa”.
“Contamos cun equipo multidisciplinar composto por 1 coordinadora, 7 mestres guía, 4 especialistas (psicóloga, pedagoga, logopeda e fisioterapeuta), 1 orientadora laboral e 1 persoa encargada de servizos xerais, todos e todas elas altamente cualificadas e dedicadas cunha ampla experiencia no ensino o alumnado con diversas necesidades. Están comprometidos a proporcionar un ambiente de apoio que fomente o desenvolvemento académico, social e emocional de cada estudante”.
“Dende o CEEPR estamos comprometidos coa inclusión, promovemos activamente a inclusión e a interacción entre o noso alumnado de educación especial e os seus compañeiros e compañeiras en contornas educativas regulares sempre que sexa apropiado. No curso 2023/2024 temos 8 alumnos e alumnas na modalidade combinada. Cremos que esta inclusión enriquece a experiencia educativa de todas e todos os estudantes e promove a comprensión e o respecto mutuo”.
“Neste novo curso o CEEPR Amicos conta co distintivo Blue School da Unión Europea, ideando o
proxecto Re-Mar, iste pretende que o alumnado coñeza as características do coidado dos mares e océanos e as ameazas ambientais ás que se enfrontan, durante este cursos continuasen realizando actividades transversais de colaboración con outros centros escolares que traballen asuntos relacionados coa chamada economía azul. Na actualidade só 10 centros en toda España contan con este distintivo”.
“Tamén contamos co Equipo Badaboom, unha iniciativa innovadora que proporciona espazos que promovan a actividade física, o xogo activo, a inclusión (deseñando espazos de xogo accesibles para todos e todas independentemente das súas necesidades físicas ou especiais) e a participación da comunidade, involucrando á comunidade escolar, incluíndo estudantes, nais, pais, profesorado e membros da comunidade local”.
“Outras das iniciativas son os Erasmus+, programas que a Unión Europea desenvolve ofrecendo
oportunidades de mobilidade e cooperación no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte para participar en proxectos internacionais, desenvolver habilidades e competencias, e promover a cooperación transnacional en Europa. “Inc-Leisure”e un dos nosos proxecto Erasmus+ que levamos executando dende 2021 en consorcio con escolas e asociacións educativas de Portugal, Macedonia do Norte e España, que busca a participación inclusiva da infancia en espazos de aprendizaxe non formal”.
“É importante destacar que o Corpo Europeo de Solidariedade, un ano máis ofrece a oportunidade de realizar voluntariado no noso centro, desde hoxe contamos cunha voluntaria, que dará apoio e traerá innovación, creación e novas ideas durante o primeiro trimestre do curso”.
Xoan España, director xeral de Amicos expresou o seu entusiasmo polo novo ano escolar e afirmou: “Estamos comprometidos a brindar unha educación de alta calidade e un ambiente de apoio para todos os nosos estudantes. Xuntos, construiremos a mellorar vida das persoas con discapacidade e a inclusión real”.
