“Unha instalación hidroeléctrica arruina a 1.700 familias do Barbanza”. Antón Luaces

28 Setembro 2023

O berberecho é a súa vida, o único vieiro de entrada de ingresos económicos para 1.700 familias que cultivan, coidan, limpan, remexen, extraen e venden toneladas de berberecho  que producen nas concesións marisqueiras de Noia das que se subministran esas familias para poderen vivir senon con folguras sí con certa tranquilidade.

Mais a auga represada no encoro da antiga FENOSA (hoxe Energy) matou unha vez máis as espectativas de futuro de mariscadoras e mariscadores de Noia, Porto do Son, Muros e Portosín que tiñan postas todas as súas ilusións na campaña a realizar nas vindeiras semanas: o 80% do berberecho que se criaba no areal de Noia, morreu pola escasa salinidade das augas mariñas que os sustentan. 

Esta baixa salinidade está provocada polas augas do encoro, segundo afirmou a este xornal o patrón maior da confraría de pescadores de Noia, Santiago Cruz, para quen resulta obvio que non se está a facer nada para evitar tal estado de cousas.

Naturgy embalsa auga do río Tambre, no municipio de Noia, para a produción hidroeléctrica.  Non ten problemas de escaseza de auga e, por este motivo, cun embalsamento promedio de entre o 80 e o 90% da capacidade do encoro, valeira este ata un determinado punto sen ter en conta o dano que tal valeirado orixina aos parques de berberecho, a máis de poñer en risco as vidas das persoas que poidan estar nos areais no preciso instante no que se procede a liberar, sen comunicación previa, milleiros de litros da auga represada.

Os mariscadores, como comenta para O Barbanza o patrón maior da confraria noiesa, demandan da Xunta de Galicia a convocatoria dunha mesa de traballo na que se integren representantes do goberno galego e dos mariscadores e pósitos afectados por esa baixa salinidade das augas mariñas, co obxectivo de estabelecer o valeirado aos poucos da represa, de tal xeito que o mar sexa quen de absorver toda a auga doce que se vaia liberando do encoro e sen que a auga represada xa liberada afecte negativamente ao marisco.

O berberecho que queda na ría é pouco dada a altísima mortalidade experimentada. Polo tanto ben pouco tamén agardan os mariscadores. Pero ainda sendo pouco, menos é nada. Por este motivo instan á Consellería do Mar a que convoque esa mesa de traballo e se poñan mans á obra para deseñar un sistema de desencoro do Tambre que non prexudique a Naturgy e tampouco aos profesionais do marisqueo que, como xa se dixo, tanto dependen da colleita do berberecho sementado, coidado e vixilado ao longo do ano.

De non dar este paso a Xunta, o patrón maior da confraría de Noia, ao igual que os seus compañeiros de Muros, Porto do Son e Portosín, poñerán an mans dos xuíces este dilema que se resolvería cun simple valeirado paulatino da auga encorada en Noia e non, como agora se fai, sen previo aviso e dunha vez.

Por outra banda, preguntando Santiago Cruz, pola posibilidade de que influiran na actual situación de desalinización da ría de Noia os verquidos das minas de San Finx, o patrón maior desbotou esta continxencia baseándose, sobre todo, no informe da bióloga da confraría  que estipulaba unha salinidade normal ata que se abriron as comportas do encoro.

“A Xunta non fai nin caso. Imos ter que denunciar xudicialmente a situación e que dictaminen  os xuíces”, rematou Santiago Cruz.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.