“Testemuños da posguerra” – José Manuel Pena

11 Setembro 2023

Grazas ao agasallo dun bo veciño puiden mergullarme, esta fin de semana, na lectura dun arrepiante libro e imaxinarme a crúa realidade pola que pasaron miles de persoas durante a Guerra Civil española e a súa posguerra. As cartas da Pirenaica: memoria do antifranquismo, coas súas máis de 500 páxinas, é unha amálgama, resumida, de máis de 15.000 cartas lidas na que era considerada como “Radio España Independente”, ao longo dos anos 1.941 ata 1.977.

Era a única emisora española sen censura de Franco e os oíntes informaban, a través das súas cartas, de todo aquilo que viran e padeceran e que os demais medios de comunicación españois non quixeran difundir ou publicar. Estas cartas constitúen auténticos testemuños escritos de persoas que se ispen emocional e espiritualmente. Historias de heroísmo, de solidariedade, de fosas comúns, prisións e de sufrimento pero todas elas conteñen un alto grao de frustración no lexítimo desexo de levar unha vida digna.

Merece a pena ler os estarrecedores relatos dalgunhas vítimas da posguerra. “Durante os días de liberación as rúas e prazas enchéronse de cadáveres. Como eran tantos e non daba tempo a abrir as fosas para ser enterrados foron queimados en grandes piras onda as tapias do cemiterio. Entraban nas casas e sacaban aos homes, e cando se negaban eran fusilados en presenza da súa muller e fillos”.

Na publicación constátase que durante moito tempo ocultáronse en España os numerosos crimes de tipo sexual perpetrados durante a Guerra Civil e na posguerra contra mulleres do bando republicano. A violación tapábase co asasinato e as agresións quedan impunes. En 1936, o xeneral Queipo de Llano incitaba claramente a atacar ás mulleres: “Isto é totalmente xustificado porque estas comunistas e anarquistas predican o amor libre. Agora polo menos saberán o que son homes de verdade e non milicianos maricóns. Non se van a librar, por moito que berren e pateen”.

Demasiadas vexacións deixaron os vencedores da contenda, entre españois: “Percorrer todas as provincias españolas e preguntar ás viúvas onde están enterrados os seus maridos e aos orfos os seus pais e aos pais onde os seus fillos. Un día non haberá suficientes divisións acoirazadas para suxeitar o empuxe. Un coro de ultratumba, do monte, do río, da cuneta, da sima, estaralle a gritar día e noite: Nós estamos aquí!.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.