Rianxo presenta a súa oferta deportivo-formativa para este curso 2023-2024

18 Setembro 2023

A Área de Deportes do Concello de Rianxo presentou o seu programa de actividades deportivas para o presente curso, unha axenda variada de propostas que abren este 28 de setembro o seu prazo de inscrición, a través da web, da oficina do Servizo de Deportes ou dos pavillóns polideportivos municipais (Rianxo e Taragoña). As actividades programadas para este Inverno 2024 desenvolveranse entre o 2 de outubro e o 31 de maio, no Pavillón de Rianxo, no Pavillón de Taragoña, na Piscina Municipal e máis no CEIP Ana María Diéguez (Asados).

Pavillón de Rianxo

Multideporte (1, 2 e 3): nados do 2019 ao 2016. Actividades de iniciación deportiva onde a través da actividade xogada desenvolveranse as habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros, ritmo,…).

Tenis: do 2016 ao 2009. Iniciación ao tenis.

Multifitness: nados antes do 2016. Actividade de mantemento da condición física (circuítos, pesas, xogos, GAP,…)

Ximnasia para maiores: actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desenvolven as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuítos…

Pavillón de Taragoña

Patinaxe: do 2018 ao 2009. Iniciación e perfeccionamento.

Patinaxe artística: do 2018 ao 2009. Actividade de iniciación.

Tenis adultos: nados antes do 2016. Iniciación e perfeccionamento.

Ximnasia para maiores. Actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desenvolverán as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuítos…

CEIP Ana María Diegúez (Asados)

Multideporte (1, 2) : do 2019 ao 2016. Actividades de iniciación deportiva onde a través da actividade xogada desenvolveranse as habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros, ritmo…).

Patinaxe. Do 2018 ao 2009. Iniciación e perfeccionamento.

Patinaxe artística. Do 2018 ao 2009. Iniciación e perfeccionamento.

Tenis. Do 2016 ao 2009. Iniciación ao tenis.

Multifitness. Nados antes do 2016. Actividade de mantemento da condición física (circuítos, pesas, xogos, GAP,…)

Ximnasia para maiores. Actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desenvolven as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuítos…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.