Reforzada desde este luns as conexións de autobús dos concellos de Noia e Outes co Hospital Clínico de Santiago

24 Setembro 2023

A Xunta reforzará desde este luns as conexións de autobús dos concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

O obxectivo é atender as solicitudes de persoal sanitario do hospital, compatibilizando os servizos de autobús cos seus horarios de entrada ao traballo, ademais de dar resposta ás demandas dos citados municipios.  

Reforzarase a conexión da ruta Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros mediante a creación dun servizo adicional que sairá da estación intermodal de Santiago ás 22,15 horas, pasará polo Hospital Clínico ás 22,20 horas e chegará a Muros ás 23,55 horas.  

O servizo da liña Santiago-AG-56-Urdilde-Noia-Muros por Ponte Nafonso e San Caetano, que sae ás 06,05 horas desde Muros, funcionará todos os días do ano, festividades incluídas. Ata agora, realizábase en tempada laborable de inverno, de luns a venres non festivos. 

Estas liñas, dispoñibles a diario, incrementarán a oferta de servizos entre os concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico de Santiago de Compostela, ao tempo que facilitarán os desprazamentos do persoal sanitario. 

O Goberno galego continúa adaptando os servizos de autobús autonómico ás necesidades da cidadanía, ofrecendo mellores conexións e un servizo de transporte público de calidade.  

A información destes servizos poderá consultarse na páxina web www.bus.gal.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...