Presentacion da 28a edicion do Outono Teatral do Concello de Outes

15 Setembro 2023

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acollerá 17 obras de teatro: 6 para o público infantil e familiar, 9 de interese xuvenil e adulto e 2 de teatro amador, dentro da programación cultural da 28ª Edición do Outono Teatral.

O outono teatral dará comezo o vindeiro sábado 23 de setembro ás 18:30 con “Que animaliño é?”, unha obra destinada ao público infantil da compañía “Trémola Teatro”. A Casa da Cultura acollerá unha obra semanal cada sábado, agás nas semanas de nadal, ate pechar o 2 de febreiro con “Comedia Bífida”, primeira representación do novo grupo de teatro amador da asociación cívica-cultural Terra de Outes.

A programación conta con máis representacións de grupos amador, teatro infantil e teatro destinado a audiencias máis xuvenis e adultas. Contaremos con representacións de compañías coma Producións excéntricas, Olivas Negras, Malasombra Producións, Sarabela Teatro e moitas máis.

As entradas son de balde e poderánse reservar, presencialmente, na Casa da Cultura a partires do luns anterior á representación.

O Tenente Alcalde, Anxo Núñez, e o Técnico de Cultura, Santiago Nieto,foron os encargados de presentar esta mañá esta nova edición.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.