O Concello de Boiro celebrou este xoves 28 de setembro o pleno ordinario correspondente ao presente mes. A sesión contou cun total de 16 membros da Corporación ao ausentarse a concelleira de Boiro Novo, Dores Torrado. O pleno pode visualizarse íntegro na canle municipal de YouTube. Entre outras medidas, aprobouse o proxecto para mellorar o entorno do campo de fútbol do Campo da Mina (e a súa conversión a céspede artificial) e máis o ditame do convenio coa Xunta para a convocatoria e desenvolvemento de todos procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías de Policía Local (proposta achegada polo Goberno local). Tamén foi aprobada outra moción do Executivo local que senta os alicerces do ditame para a designación dos membros da comisión de estudo para a municipalización do Complexo Deportivo da Cachada.

Votacións da sesión plenaria:
1 Aprobación da acta da sesión anterior – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
2 Aprobación do ditame de participación no POS+ adicional 2/2023 e aprobación do proxecto de mellora do entorno e conversión a campo de fútbol de céspede artificial do campo da Mina (Lampón) – aprobación con 14 votos a favor (PSOE e PP) e 2 abstencións (BNG).
3 Aprobación do ditame sobre a designación dos festivos locais para o ano 2024 – aprobación con 11 votos a favor (PSOE e BNG) e 5 abstencións (PP).
4 Aprobación do ditame polo que se declara de especial interese e utilidade municipal as obras de construción promovidas pola Fundación Amicos e concesión dunha bonificación do ICIO do 95% da cota – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
5 Aprobación do díteme do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas das diferentes categorías do corpo de Policía Local e as prazas de auxiliares de Policía Local do Concello de Boiro – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 7 abstencións (PP e BNG).
6 Aprobación do ditame para a designación dos membros da comisión de estudo para a municipalización do complexo deportivo da Cachada – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 7 abstencións (PP e BNG).
7 Moción de Boiro Novo para continuar co proceso de municipalización da Piscina da Cachada.
8 Moción do grupo municipal do PP contra a tramitación dunha lei de amnistía – rexeitado con 5 votos a favor (PP) e 11 en contra (PSOE e BNG).
9 Conta Xeral 2022 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 5 votos en contra (PP) e 2 abstencións (BNG).
10 Moción do PSdeG-PSOE en defensa do servizo básico e esencial da educación pública – aprobación con 11 votos a favor (PSOE e BNG) e 5 abstencións (PP).



